vivendaaccesible
Novas
Momento da votación da moción  presentada polo BNG de Ames

O pleno aproba a moción do BNG para fomentar a mobilización da vivenda baleira mediante un recargo no IBI

 

O recargo afectará exclusivamente a persoas ou entidades que posúan catro ou máis inmobles residenciais e manteñan vivendas baleiras durante máis de dous anos sen xustificación, establecendo ademais excepcións claras para situacións acreditadas.

A formación nacionalista destaca que é o único partido que levou iniciativas concretas ao pleno en materia de vivenda, demostrando con feitos unha aposta clara e continuada por políticas públicas que garantan o dereito a unha vivenda digna. 

PP e Espazo Común votaron en contra, rexeitando unha proposta orientada a mobilizar vivenda existente e aliviar a presión sobre o mercado residencial, a  proposición si contou co apoio do PSOE.

Ler novas
Novas
Escarlata Pampín e Ana Miranda no hemiciclo de Bruxelas

Escarlata Pampín, a voz de Ames no Parlamento Europeo

 

A voceira, Escarlata Pampín, viaxa a Bruxelas para reunirse coa Comisión de Vivenda do Parlamento Europeo e demandar o dereito a unha vivenda digna, sostíbel e accesíbel para a veciñanza amesá.  Na xuntanza trataronse  diversos aspectos relacionados con esta grave problemática, como a vivenda baleira,  a falta de parque público de vivendas,  o uso de vivendas turísticas e as dificultades que ten a xente moza e a xente traballadora para acceder a un fogar digno

Ler novas