Ana Pontón a Feijóo: "Vostede non ten unha axenda galega, ten unha axenda en contra d@s galeg@s"
Ana Pontón a Feijóo: "Vostede non ten unha axenda galega, ten unha axenda en contra d@s galeg@s"
- "É dicir, o corredor atlántico pasará por Madrid, por Zaragoza,..., pero non pasará nin por Vigo nin por Coruña, todo moi lóxico e todo moi atlántico".
- "Presentounos como un grande éxito rebaixas fiscais para o xacobeo que veñen existindo desde o ano 1993".
- "O seu ministro de Fomento deulle luz verde para que nos suba aínda máis as peaxes aos galegos e ás galegas. Parecería un chiste de Gila se non fora porque esas peaxes da AP-9 son unha estafa que cada día soportan 20.000 usuarios nun país onde temos os segundos salarios máis baixos de todo o Estado".
- "En materia de dependencia reclámelle ao señor Montoro os 150 millóns de euros que nos debe".
- "Só alguén que está en babia pode dicir que onte non se acordou unha suba de peaxes para este país".
- "Quero recordarlle que foi o Partido Popular en Bruxelas quen votou en contra de que Vigo entrara na primeira división dos portos europeos, mentres o BNG estaba en Bruxelas defendendo que Vigo entrara"