Novas
O PSOE e o PP unidos para subir a taxa do lixo en Ames
31/out./2025
O PSOE e o PP soben a taxa polo servizo de recollida,transporte e tratamento de residuos á veciñanza amesá. A Organización nacionalista sinala que é unha ordenanza pouco social e pouco incentivadora, que non se adapta ás necesidades da poboación nin promove cambios positivos na xestión do lixo. Recalcan que o BNG defendeu sempre a Mancomunidade como modelo consolidado de reciclaxe de residuos pero que desgraciadamente as presidencias que alternaron o PP e o PSOE non se ocuparon de mantelo.