Novas
A veciñanza de Lapido illada ante unha emerxencia polo abandono da ponte
10/set./2025
Ames, ano 2025, e hai residentes da parroquia de Ortoño incomunicados fronte a riscos vitais, puidera parecer o argumento dunha serie distópica, pero por desgraza é unha realidade. Son os veciños e veciñas de Lapido que sofren a desidia dun goberno socialista que decide non arranxar a única ponte pola que podería pasar un vehículo de emerxencia para atendelos de forma inmediata.