#humanizacionmilladoiro
Novas
Estado actual da N-550 ao seu paso polo Milladoiro

O BNG solicita ao goberno de España coñecer as actuacións concretas que emprenderá para corrixir as numerosas eivas detectadas nas obras de humanización do Milladoiro

 

Ante esta situación, o deputado nacionalista no congreso, Néstor Rego, pregunta ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, responsable da obra, se vai levar a cabo algunha acción para exixir responsabilidades á empresa contratista pola execución defectuosa destas obras de humanización.

 Despois de numerosas preguntas e solicitudes de información ao goberno municipal, o BNG recorre ao executivo central co fin de solucionar canto antes e de xeito efectivo a deficiencias no remate das obras de humanización no Milladoiro co obxectivo de que a veciñanza vexa  mellorada  a súa  mobilidade e  seguranza

Ler novas
Novas
Reivindicación do ano 2018

A Asemblea Local do BNG de Ames apoia a humanización do Milladoiro sempre que incorpore a gratuidade da AP-9

A  Asemblea Local do BNG de Ames  decidiu apoiar o proxecto da humanización do Milladoiro sempre que inclúa a liberalización de peaxes da AP-9. Tamén  se confirmou a necesidade de desdobrar a variante Pardiñas-As Galanas así como remodelar a rotonda das Galanas como xa se comprometera o Ministerio. Estaremos vixiantes do desenvolvemento das obras e as súas repercusións

Ler novas