Campañas
Compra no comercio local e merca produtos galegos
12/dec./2017
O Bloque Nacionalista Galego anima a potenciar feiras e mercados, a consumir
produtos galegos, e a facelo no comercio de proximidade, sector básico da nosa economía.
Apoiar o comercio de proximidade é unha das mellores maneiras de xerar riqueza para
Galiza, de humanizar cidades e impedir a desertización das nosas vilas.
Temos comercio e produtos de primeira. Reivindicamos a artesanía, a música, os libros, os
xoguetes non sexistas, feitos na Galiza e reinvestidos na economía local.