O BNG de Ames lamenta que a mala praxe do alcalde e presidente da entidade pública empresarial Augas de Ames EPEL lle coste 15.000 euros ao Concello
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ratificou a condena á empresa pública de augas de Ames EPEL por vulneración do dereito fundamental á liberdade sindical ao non respectar a condición de representante sindical do delegado da CIG no Consello de Administración.
Os nacionalistas advirten de que en numerosas ocasións lle pediron ao alcalde e presidente da EPEL que, cumplindo os estatutos da entidade pública, convocase legalmente á persoa que realmente é delegada de persoal aos Consellos de Administración, pero que o alcalde seguiu convocando á súa escollida que, casualmente, foi nas listas do PSOE de Ames en 2015.