"Non é lóxico que teñamos un marco que impide que os concellos poidan utilizar o seu superávit"
"Non é lóxico que teñamos un marco que impide que os concellos poidan utilizar o seu superávit"
"Non é lóxico que teñamos un marco que impide que os concellos poidan utilizar o seu superávit"
Neste acto, organizado polo Fórum Europa no Hostal dos Reis Católicos o 29 de novembro de 2017, a portavoz nacional do BNG expuxo as propostas do Bloque Nacionalista Galego para unha Galiza con futuro, afastada da subordinación e a dependencia política e económica que nos empobrece.
Neste acto, organizado polo Fórum Europa no Hostal dos Reis Católicos o 29 de novembro de 2017, a portavoz nacional do BNG expuxo as propostas do BNG para unha Galiza con futuro, afastada da subordinación e a dependencia política e económica que nos empobrece.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu máis poder económico e político para Galiza ante os dous grandes debates que están encima da mesa: Financiamento autonómico e modelo de Estado. En ambos retos, a dirixente do Bloque apostou por empoderar Galiza, no financeiro cun concerto económico similar ao de Euskadi e Navarra, e no político con autogoberno real desde o recoñecemento da nación galega, superando o actual marco institucional herdado do réxime do 78.
A proposta do Bloque en materia de financiamento pasa por un concerto económico que permita a xestión do 100% dos recursos do país, cunha facenda e banca públicas que dean paso a unha fiscalidade xusta, -“porque non se pode permitir que as PEMES tributen ao 25%, mentres as corporacións do IBEX 35 pagan un 5%-, e fagan chegar o crédito a familias e empresas.
Incidiu na necesidade de botar por terra “a falsa idea de que Galiza é un país pobre que precisa da solidariedade do Estado”, por contra, “ninguén nos regala nada e aportamos máis do que recibimos”.
En relación ao debate sobre o modelo de Estado, a proposta do BNG está definida nas Bases Democráticas, “para avanzar en soberanía e autogoberno real partindo do recoñecemento pleno da nación galega e camiñar cara unha democracia avanzada e con dereitos”, salientou. “Non temos que ter medo a ser independentes e decidir nós sobre o noso, porque o peor que nos pode pasar é esta relación asimétrica co Estado, unha relación que non é de igualdade, senón de subordinación e de dependencia, e ese problema de dependencia lastra o noso futuro no político, no económico e no social”.