AGRADECEMOS Á VECIÑANZA DE AMES A CONFIANZA NO PROXECTO POLÍTICO DO BNG
Entrevista ao voceiro do BNG de Ames sobre as eleccións galegas 2020
Entrevista ao voceiro municipal do BNG de Ames, David Santomil, co gallo das eleccións galegos celebradas onte, 12 de xullo, onde avaliou os resultados no país e no concello de Ames.
Nota do BNG de Ames:
Grazas ás 4090 persoas que onte, nun día tan particularmente malo polas condicións climáticas dos lugares de votación como polas obrigas sanitarias requeridas, collestes a papeleta do BNG en Ames cunha ilusión que vimos en todos e todas vós e que se nos pegou desde o primeiro día de campaña.
Non se puido conformar un goberno maioritario de esquerdas para rematar coa inacción da xunta actual, pero o Bloque Nacionalista Galego recolle ese torrente de ilusión e forza para, durante os catro anos vindeiros, traballar por un cambio galego.
Desde o BNG de Ames queremos agradecer especialmente o traballo activo e desinteresado da militancia e simpatizantes que axudaron e colaboraron coa atípica campaña destas semanas. Outros partidos, cun feixe de cartos, cubren os espazos electorais. O BNG, coa pisada firme dos seus afiliados e afiliadas, recorre paso a paso o concello de Ames.
Finalmente, darlle unha agarimosa aperta á xente que estivo nas mesas electorais, protección civil, traballadores/as públicos/as e demais, cun traballo imprescindible para que a xornada se desenvolvera coa normalidade desexada.
Unha queixa para a administración neste aspecto: en dias de forte calor, a hidratación da xente que está máis de 12 horas sentada en lugares pechados e o refrixerio dos lugares de votación debe terse en conta.