Novas
O BNG de Ames leva a pleno as necesidades do Parque Empresarial Novo Milladoiro
26/xuño/2026
A formación nacionalista reclama a creación de novas bolsas de estacionamento e alternativas que permitan reducir a presión existente nas súa rúas, realizar un estudo técnico e rigoroso sobre a mobilidade, tráfico, estacionamento e seguridade viaria e defende, de novo, a necesidade dun acceso directo para o polígono empresarial. “O futuro desenvolvemento económico de Ames require que este parque empresarial conte con infraestruturas adaptadas á realidade actual e ás necesidades das empresas que alí desenvolven a súa actividade”, subliña a voceira do BNG de Ames, Escarlata Pampín.