#NonEsquecemento
Novas
Homenaxe aos Homiños de Boimorto

O BNG de Ames honra a memoria dos “Homiños de Boimorto”

 

Un acto cargado de emoción e lembranza tivo lugar onte no memorial dos “Homiños de Boimorto” organizado polo BNG de Ames. Unha cerimonia na que os nacionalistas reafirmaron o seu compromiso coa memoria democrática e o recoñecemento ás vítimas da represión fascista.

 “No caso dos “Homiños de Boimorto” só o corpo de tres destes represaliados puideron ser exhumados e trasladados, dende un lugar esquecido, ata unha sepultura digna, é por iso que aproveitamos tamén este acto, non só para renderlles homenaxe senón tamén para reivindicar que se retomen as labores de localización, prospeción e excavación para algún día devolverlles dalgunha maneira a dignidade a estes“homiños” e ás súas familias”, Escarlata Pampín.

Ler novas