O BNG reclama a cesión gratuíta do tramo ferroviario Fraiz-A Moniña en Ames para convertelo en senda verde
A preguntas do BNG, o Goberno confirma estar en disposición de ceder o tramo, mais Néstor Rego exixe que sexa unha cesión gratuíta e permanente
Escarlata Pampín denuncia que o goberno municipal “non moveu un só dedo” para negociar con ADIF este proxecto que ten por obxectivo mellorar a calidade de vida da veciñanza de Ames