Novas
O BNG de Ames pide explicacións ao goberno local ante un posible vertido contaminante no paseo fluvial de Bertamiráns
20/feb./2026
No día de onte, no ámbito do paseo fluvial de Bertamiráns, apreciábanse indicios compatibles cun episodio de contaminación ambiental de especial gravidade, consistentes na presenza de residuos sólidos dispersos, acumulación de lodos e sedimentos, así como a emisión de cheiros intensos e persistentes, perceptibles en distintos puntos do itinerario fluvial.
Os nacionalistas reclaman un seguimento exhaustivo da situación e que se apliquen correctamente todos os protocolos co obxectivo de devolver o río Sar ao seu estado anterior mediante as medidas de restauración que se estimen necesarias
https://www.instagram.com/reel/DU-zJo5jLbu/?igsh=c3Y1N3g2eDczeWk4