Novas
Solucionar o problema habitacional pasa por recoñecer que este é un dos principais problemas do país
29/set./2025
Acadar unha vivenda accesible en condicións adecuadas para todas as persoas é un dos principais obxectivos para o BNG de Ames. Ese interese levou aos nacionalistas a organizar o pasado sábado 27 unha xornada sobre vivenda no Milladoiro na que expertos e asistentes debateron sobre a situación actual e o modelo de futuro.