#camiñodesantiago
Novas
Punto da estrada AC-453 polo que teñen que cruzar  actualmente os peregrinos

O BNG solicita recuperar o trazado histórico orixinal do Camiño de Santiago a Fisterra entre o Alto do Vento e o núcleo de Ventosa.

 

Os nacionalistas levarán tamén ao pleno de xaneiro, a proposta de regular un recargo no Imposto sobre Bens Inmobles para as vivendas que estean desocupadas con carácter permanente. A Lei contempla a aplicación deste recargo sempre que o propietario conte cun mínimo de catro inmobles nesa situación, salvo causas xustificadas.

Nos últimos anos Ames está a sufrir unha tensión extrema do mercado inmobiliario, cun incremento desproporcionado tanto nos prezos de compra como de alugueiro. Esta medida busca mitigar esta situación que repercute sobre todo na mocidade e nas familias con menos recursos.

Ler novas