Novas
Un goberno incapaz e autoritario que ignora as verdadeiras prioridades da veciñanza
18/xuño/2025
O grupo municipal do BNG fixo balance en Covas dos dous anos do goberno do PSOE, apoiado nun pacto co Partido Popular, cualificándoo dun equipo moi feble, que ten demostrado a súa incapacidade para xestionar con eficacia os recursos públicos, “non ten nin propostas nin proxectos novos está a vivir das herdanzas do pasado, moitas delas políticas desenvolvidas polo BNG”, manifestou a voceira, Escarlata Pampín.