#Axenda2030
Novas
Néstor Rego con Escarlata Pampín e outros membros do BNG

De Fraiz até A Moniña: o tramo ferroviario abandonado no termo municipal de Ames que o BNG defende recuperar e pór en valor como senda verde peonil

 

O Bloque Nacionalista Galego demanda ao Goberno do Estado total disposición para proceder ao traspaso ao Concello de Ames da titularidade do tramo ferroviario abandonado entre Fraiz e A Moniña para recuperar o espazo e transformalo nunha senda verde peonil. Escarlata Pampín urxe o goberno local a cumprir o acordado entre BNG e PSOE para a aprobación dos orzamentos municipais e conseguir o traspaso 

Ler novas
Novas
Trazado

O BNG defende traspasar o tramo ferroviario entre Fraiz e A Moniña ao Concello de Ames e convertelo nunha senda verde

 

 O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentou o pasado día 1 de outubro varias preguntas ao Ministerio de Transportes sobre o traspaso deste tramo ferroviario, entre elas se dito Ministerio recibiu solicitude do Concello de Ames e se estaría disposto a proceder ao traspaso.  A organización nacionalista sinala que a súa posta en valor permitiría xerar un novo espazo para a mobilidade sustentábel e unha oportunidade para a dinamización do territorio

 

Ler novas