DAVID SANTOMIL REAXIU ASÍ NOS MICRÓFONOS DE AMESRADIO, Á MOCIÓN ESPERPÉNTICA PRESENTADA POLA DEREITA
Reacción do BNG e entrevista a David Santomil en AmesRadio
O PP de Ames, PxA e Vía Centrum piden a demisión do Concelleiro David Santomil por "acabar cos valores que envolve o Espírito do Nadal" (cita literal). Na mesma mañá o propio David reaxiu así nos micrófonos de AmesRadio.
Este luns recibimos con sorpresa a moción presentada en Ames por unha dereita que virou aínda mais aos extremos (PP e a súa escisión PxA) e unha dereita irrelevante que deste xeito aspira a deixar de selo (Vía Centrum), unha moción esperpéntica que pide a dimisión do Concelleiro de Educación e Cultura David Santomil por “acabar cos valores que envolve o Espírito do Nadal” (sic).
Esta desmesurada reacción chega logo dunha campaña realizada ao longo das festas do nadal por estes grupos, que rozando o integrismo, criticaban con dureza extrema as actividades propostas polo Concello para estas festas, cuxo obxectivo era, a través da mentira e a difamación, desanimar a poboación e boicotear unhas festas que precisamente desde o BNG queremos neutras en tódolos sentidos.
A pesares desta campaña, a valoración que se fai da programación nas festas é globalmente positiva, pois logrouse unha afluencia considerable e superior á de anos anteriores nos polideportivos de Bertamiráns e Milladoiro.
Desde o BNG queremos denunciar as actitudes extremistas e os argumentos que rozan o integrismo materializados agora nunha moción que pide nada menos que a dimisión do Concelleiro e compañeiro David. Resultan absolutamente impropias, se mire como se mire, a actitude e xeito de facer oposición de partidos que un día gobernaron este Concello e aspiran a volvelo gobernar.
Queremos aproveitar esta ocasión para, de novo, expresar dende toda a organización o noso máximo apoio ao concelleiro e compañeiro David, por o bo traballo realizado desde o comezo do mandato e a actitude proactiva e positiva que está a manter desde o principio pese a todas as dificultades.
A pesares das presións e os insultos, o BNG seguirá a facer política de país e para o pobo desde as concellarías que ostenta, co bo facer que nos caracteriza, materializado con excelencia no traballo dos nosos Concelleiros en Ames.
Podes escoitar a entrevista realizada á David en AmesRadio, onde reacciona ante a moción da dereita: