O BNG de Ames consolídase como garante da estabilidade política municipal

Visita Escola infantil municipal Milladoiro
Visita Escola infantil municipal Milladoiro
Na Asemblea celebrada esta semana no Pazo da Peregrina renovouse o Consello Local do BNG, que será o órgano encargado de velar polo cumprimento dos acordos políticos no goberno e tamén cos grupos da Corporación municipal. 
O BNG de Ames consolídase como garante da estabilidade política municipal

Os resultados das eleccións municipais do pasado mes maio no concello de Ames outorgaron ao BNG un incremento en número de votos, tanto no ámbito rural como urbano, que supuxo sumar unha acta máis de concelleira. Este avance permitíu que as tres concellarías do BNG sexan fundamentais para acadar a maioría estable do goberno municipal e, polo tanto, seguir a impulsar as actuacións iniciadas no anterior mandato dende o ano 2015.

Ás concellarías de Educación, Cultura, Comunicación e Normalización Lingüística súmase a responsabilidade directa da área tecnolóxica (TIC) e da concellaría de Mocidade. Ambas áreas consideradas estratéxicas nun concello xove e dinámico como Ames, xestionadas polas novas concelleiras Natividade González e Escarlata Pampín. Ademais, o voceiro do BNG de Ames, David Santomil, asumíu a primeira tenencia de Alcaldía e renovou á fronte da concellaría de Educación, que segue a ser referente na xestión de programas de conciliación da vida laboral e familiar. 

A Asemblea Local valorou positivamente os acordos, a estabilidade e a capacidade de xestión nos primeiros 100 días de goberno neste mandato 2019-2023 e nomeou aos membros do seu Consello Local, que realizarán un seguimento do traballo político do BNG, así como a inmediata preparación en Ames da campaña das Elección Xerais do próximo 10 de novembro.

O Consello Local queda conformado polas seguintes persoas: David Santomil, Natividade González, Escarlata Pampín, Alexandre Espinosa, Rosalía Seijas, Xesús Casas, Raquel Rodríguez e Raquel Doval

 

Visita da Portavoz Nacional do BNG Ana Pontón ás escolas infantís municipais de Ames

Esta semana realizouse unha visita da Portavoz Nacional do BNG Ana Pontón á escola infantil municipal A Madalena, situada no Milladoiro. O concello de Ames destina un 20% do seu orzamento municipal a Educación e a programas de conciliación da vida laboral e familiar, o que facilita un constante incremento da poboación xove e urbana que decide establecer a súa residencia en Ames. Neste senso, o BNG leva apostando dende fai 15 anos polos programas de conciliación de Ames como elemento de atracción demográfica e de mellora da calidade de vida dos seus habitantes, destacando especialmente a Rede Municipal de Comedores Escolares.

O BNG de Ames consolídase como garante da estabilidade política municipal