SEGUIMOS FACENDO CONCELLO, FACENDO POBO.
Entrevista a David en AmesRadio
Seguimos facendo concello e facendo pobo. Despois dun pleno de xaneiro, onde un absurdo debate sobre a cabalgata impediu falar dos proxectos e traballos que está a realizar o Goberno, desde a Concellaría seguimos a traballar para facer concello e facer pobo. Na entrevista que concedeu David esta semana a AmesRadio, danse a coñecer os diferentes traballos e proxectos sobre os que está volcada agora a Concellaría para o futuro máis inmediato. Comedores escolares, orzamentos, pago a provedores e outras cuestións de interese que podes ouvir no seguinte audio:
No noso web procuramos sempre achegarte todas as entrevistas e materiais para que podas estar en contacto permanente coa nosa organización e as nosas concellarías, visita cada semana a páxina para non perder detalle!