O 21 de agosto de 2018 o BNG de Ames organizou unha homenaxe aos Homiños de Boimorto, membros da Corporación democrática do concello de Boimorto asasinados a mans do franquismo nos Batáns e Ortoño (Ames) o 20 de agosto de 1936, para lembrar a todas as persoas represaliadas pola dictadura franquista.
Participaron Xosé Luís Rivas Cruz, Mini, deputado no Parlamento de Galiza e veciño de Boimorto; David Santomil, portavoz municipal do BNG e concelleiro de Educación e Cultura de Ames; así como dalgunhas das familias dos Homiños de Boimorto.
A Concellaría de Cultura do Concello de Ames, co portavoz do BNG de Ames daquela altura, Xosé Manuel Fernández, á fronte, repuxo as placas que lembran a memoria dos Homiños de Boimorto no ano 2006 cunha sentida homenaxe.
Ramón Enjumio, Manuel Espiñeira, Isidro Filloy, Juan Martínez, Xose Tojo e Xosé Barreiro.