Ana Pontón
Vídeo
Dous anos de ilusión e de traballo intenso. #2AnosConAna

Dous anos de ilusión e de traballo intenso. #2AnosConAna

Dous anos de ilusión, de traballo intenso, de buscar cada día demostrar que somos un país con capacidade, potencia e recursos. Dous anos desde que Ana se puxo á fronte do BNG, mudando tendencias, imprimindo forza e novos azos, poñendo en marcha un proxecto renovado e á alza, que suma xente de novo e traballa de forma construtiva e con altura de miras, ao servizo da sociedade galega. Dous anos cunha mensaxe clara: podemos construír un país novo, próspero e inclusivo, a Galiza das oportunidades, se cremos nas nosas forzas.Deixámosvos con ela.
Ler novas
Vídeo
Ana Pontón: "A sentenza do Tribunal Constitucional é a particular aplicación do 155 a Galiza"

Ana Pontón: "A sentenza do Tribunal Constitucional é a particular aplicación do 155 a Galiza"

- "A sentenza do Tribunal Constitucional é a particular aplicación do 155 a Galiza que nos deixa sen a competencia exclusiva sobre dereito civil". - "O Tribunal Constitucional é un brazo político do centralismo e non é un árbitro". - "O sistema do Estado Español é un sistema inxusto e estamos vendo como cada vez máis o autogoberno e a autonomía de Galiza realmente se queda convertida en nada".
Ler novas