Natividade González Rodríguez, número 2 da candidatura do BNG de Ames

Natividade González Rodríguez
Natividade González Rodríguez
Natividade González Rodríguez, número 2 da candidatura do BNG de Ames

Nada en Ourense no 1973, é veciña do Milladoiro desde outubro do 2000.

Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación, na especialidade de Psicoloxía Social do Traballo e ás Organizacións, pola Universidade de Santiago de Compostela. (USC).

Ampla formación académica e profesional en temas relacionados co Recrutamento e Selección de Persoal, Marketing Social e Medios de Comunicación de Masas.

Traxectoria dilatada no campo da investigación social e económica, desenvolta basicamente en ArgosProdución e Xestión, S.L. da que foi socia fundadora desde o ano 2000 ata o 2011, en calidade de Directora, responsable máxima dos proxectos asinados, dirixidos e coordinados coas empresas colaboradoras e contratantes cara aos proxectos de referencia.

Experiencia profesional en eventos culturais para a USC, colaboración en varios proxectos no campo da Calidade Turística, Plans de Intervención e Dinamización Turística.

Militante do BNG desde marzo de 2005, socia do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Colaboradora puntual con A Mesa pola Normalización Lingüística e socia d'O GALO Asociación Cultural de Santiago de Compostela.

Natividade González Rodríguez vai no número 2 da candidatura do BNG ás eleccións municipais.

#AmeséBNG

Natividade González Rodríguez, número 2 da candidatura do BNG de Ames