Nacido na aldea de Seares de Arriba en 1976, na parroquia de Ames, actualmente reside en Bertamiráns desde o 2012.
Graduado en Lingua e Literatura Galegas pola Universidade de Santiago de Compostela, os primeiros anos do seu currículo laboral estiveron ligados ó eido da informática.
Posteriormente rexentou o Sinnerman's Café de Bertamiráns, un local de hostalería desde o que, entre os anos 2011 e 2014, promoveu a cultura musical da comarca e onde asentou un espectáculo propio coñecido como "Manólogos Acústicos".
Como escritor, os seus traballos foron recoñecidos en certames como o do Concello de Ames nos anos 2006, 2014 e 2015, así como no Francisco Añón (Concello de Outes) tamén no 2015. No ano 2018 viu a luz a súa obra "A fiestra dos soños", un libro-disco publicado pola Editorial Galaxia no cal é autor dos poemas, das ilustracións e da maquetación do mesmo.
Actualmente, ademais de continuar coa súa labor de escritor, ilustrador, presentador, músico e monologuista, forma parte do Consello Escolar e colabora no comedor do colexio público ó que asiste o seu fillo.
Manuel Otero Boquete vai como independente no número 4 da candidatura do BNG ás eleccións municipais.
#AmeséBNG
Bloque Nacionalista Galego | AMES
https://facebook.com/bng.ames
https://twitter.com/obloqueames