Ana Pontón defende a iniciativa dunha Tarifa Eléctrica Galega para Galiza

Ana Pontón defende a iniciativa dunha Tarifa Eléctrica Galega para Galiza

A portavoz nacionalista no Parlamento Galego afirma que "non é lóxico que a riqueza en produción eléctrica que temos na Galiza non redunde en beneficios para as familias e as empresas do noso país."

"No estado español xa temos tarifas eléctricas diferentes. A lóxica que utiliza o Partido Popular é unha "tarifa eléctrica á inversa", en vez de pagar menos imos pagar máis, até 70 millóns de euros polo prezo da luz e porque hai un decreto, que o goberno do señor Feijóo non impugnou, que establece que se hai impostos que establecemos aquí para que as empresas que estean contaminando teñan que pagar e o Partido Popular decidiu que eses impostos non o paguen as empresas e o paguen os consumidores. É dicir, aquí impugnase ese principio de que 'quen contamina paga' e o que facemos é que 'quen produce paga' ".

'Estamos falando de incidir nunha parte da factura que depende directamente das decisións políticas que adoptan os gobernos, como son as peaxes".

'O que nos ten que dicir o Partido Popular é porque apoian unha tarifa que nos suba o prezo da luz e porque están en contra de que teñamos unha tarifa máis baixa. Esta é unha proposta perfectamente legal, o único que pretendemos é aplicar un principio de sentido común: tendo unha riqueza que está producindo no noso país, que esa riqueza se utilice para beneficio das maiorías sociais e tamén para desenvolver mellor o noso país e que as nosas empresas teñan unha maior competitividade'.

Ana Pontón defende a iniciativa dunha Tarifa Eléctrica Galega para Galiza