BE-NE-GÁ
Vídeo
Desde nós, un mundo mellor

Desde nós, un mundo mellor

A solidariedade é a ternura dos pobos, escribiu hai anos Gioconda Belli.

O nacionalismo galego practicouna sempre. Comprendemos Galiza como "célula de universalidade", desde Nós. E levamos no noso ADN o internacionalismo, o pacifismo, o combate a todas as dominacións e a loita por unha vida xusta para todas as persoas.

Foi así sempre e éo tamén agora. Vivimos como nosas todas as causas xustas e inspírannos as vidas que axudaron a facer un mundo mellor. Porque nacionalismo e anti-imperialismo van ligados, van da man. Porque entre os pobos e entre as persoas, como escribira Benito Juárez, o respecto ao dereito alleo é a paz. E porque todas as nacións teñen dereito a existir, a seren recoñecidas e a decidiren o seu futuro libremente.

 

De Castelao a Mandela, de María Miramontes a Marielle Franco, sumamos ideas, figuras e experiencias que nos inspiran, nos dan azos e son exemplo e espello en que nos mirar. O nacionalismo galego axuda a construír, desde nós, un mundo mellor.

#SomosUnhaNación

Ler novas
Vídeo
Leticia Santos, alcaldesa de Moaña

Leticia Santos, alcaldesa de Moaña

A ilusión e forza de Leticia son a ilusión e a forza que contaxia o Morrazo. A nosa alcaldesa de Moaña fai fincapé no social, na inclusión, na conciliación, nos servizos públicos. Porque son dereitos de todas e todos e non motivo de lucro para uns poucos. En Moaña latexa a nosa aposta pola igualdade, o benestar e a xustiza social. #CoaForzaDeMoaña #IdeasClaras #ConcellosBNG
Ler novas
Vídeo
Dous anos de ilusión e de traballo intenso. #2AnosConAna

Dous anos de ilusión e de traballo intenso. #2AnosConAna

Dous anos de ilusión, de traballo intenso, de buscar cada día demostrar que somos un país con capacidade, potencia e recursos. Dous anos desde que Ana se puxo á fronte do BNG, mudando tendencias, imprimindo forza e novos azos, poñendo en marcha un proxecto renovado e á alza, que suma xente de novo e traballa de forma construtiva e con altura de miras, ao servizo da sociedade galega. Dous anos cunha mensaxe clara: podemos construír un país novo, próspero e inclusivo, a Galiza das oportunidades, se cremos nas nosas forzas.Deixámosvos con ela.
Ler novas
Vídeo
Porque non dá igual... deamos #UnPasoAdiante

Porque non dá igual... deamos #UnPasoAdiante

Se che dá igual ter ou non unha tarifa eléctrica galega. Se che parece normal que as galegas e galegos teñamos as pensións máis baixas do Estado. Se che parece ben que o Congreso vete a transferencia a Galiza da AP-9. Se todo isto che dá igual, mellor non vexas este vídeo.

Ler novas