Luís Bará: "Temos a obriga de non esquecer ás vítimas do Franquismo"
Debate da lei do BNG de Memoria Histórica Galega.
O espolio da nosa enerxía contada en 5 minutos
Ana Pontón defende a iniciativa do BNG para devolver o Pazo de Meirás ao pobo galego
A tarifa eléctrica galega. Francisco Jorquera
Ana Pontón a Feijóo: "Vostede non ten unha axenda galega, ten unha axenda en contra [email protected] [email protected]"
Ana Pontón a Feijóo: "Vostede non ten unha axenda galega, ten unha axenda en contra [email protected] [email protected]"
- "É dicir, o corredor atlántico pasará por Madrid, por Zaragoza,..., pero non pasará nin por Vigo nin por Coruña, todo moi lóxico e todo moi atlántico".
- "Presentounos como un grande éxito rebaixas fiscais para o xacobeo que veñen existindo desde o ano 1993".
- "O seu ministro de Fomento deulle luz verde para que nos suba aínda máis as peaxes aos galegos e ás galegas. Parecería un chiste de Gila se non fora porque esas peaxes da AP-9 son unha estafa que cada día soportan 20.000 usuarios nun país onde temos os segundos salarios máis baixos de todo o Estado".
- "En materia de dependencia reclámelle ao señor Montoro os 150 millóns de euros que nos debe".
- "Só alguén que está en babia pode dicir que onte non se acordou unha suba de peaxes para este país".
- "Quero recordarlle que foi o Partido Popular en Bruxelas quen votou en contra de que Vigo entrara na primeira división dos portos europeos, mentres o BNG estaba en Bruxelas defendendo que Vigo entrara"
En Ames, xornada nacional do BNG contra a violencia machista.
Convidámoste a participares, o vindeiro día 11 de febreiro, sábado, ás 10.30 horas á xornada nacional do BNG contra a violencia machista. A xornada desenvolverase no Pazo da Peregrina en Bertamiráns.
- 10.30 horas. Benvida e saúdo dos concelleiros David Santomil e Isabel Vaquero.
- 10.45 horas. Palestra e coloquio con Carme Adán: Retos para o feminismo como eixo transversal da nosa acción política.
- 12.00 a 13.45 horas. Mesa redonda moderada por Goretti Sanmartín e coa participación de representantes do BNG nos concellos de Pontevedra e San Sadurniño, e de Galiza Nova: Experiencias prácticas na loita contra as violencias machistas.