Proceso selectivo de contratación de auxiliar administrativo/a

01 ago. 2019 - 04:14
En aras da transparencia e democracia internas, poñemos á vosa disposición as bases para o proceso selectivo da contratación dunha persoa para o cargo de auxiliar administrativo/a para o grupo municipal do BNG do Concello de Ames, posto aprobado no Pleno de Organización para este mandato 2019-2023.
O prazo para presentar solicitudes remata este 15 de agosto.
Se tedes calquera dúbida, podedes contactar co BNG de Ames no enderezo de correo electrónico [email protected]