Renuncia de José Miñones á alcaldía de Ames

Renuncia de José Miñones á alcaldía de Ames
Renuncia de José Miñones á alcaldía de Ames
Renuncia de José Miñones á alcaldía de Ames

O BNG de Ames felicita a José Miñones e garante a continuidade do goberno municipal de coalición.

David Santomil, primeiro tenente de alcalde do BNG de Ames, asume temporalmente a Alcaldía do Concello de Ames, destacando a necesaria estabilidade política e lealdade institucional que caracteriza ao goberno tripartito.

O nomeamento de José M. Miñones como novo Delegado do Goberno do Estado en Galiza e a súa renuncia como Alcalde do Concello de Ames abre unha nova etapa na política local. No prazo máximo de 10 días hábiles deberá convocarse o Pleno da Corporación para nomear o novo Alcalde.

O BNG respectará a decisión que adopten os Socialistas de Ames sobre o relevo de José Miñones, dando continuidade ao goberno municipal de coalición.

Renuncia de José Miñones á alcaldía de Ames