Xosé Manuel Fernández López, sétimo suplente na candidatura do BNG ás eleccións municipais

07 maio 2019 - 01:50
Xosé M. Fernández López. 60 anos. Vivín 20 anos en Ortoniño (Ames) e actualmente en Teo, á beiriña do Milladoiro; e sigo moi implicado e interesado nos problemas de Ames.
Fixen a Licenciatura de Filoloxía Galego-Portugués e traballei como profesor os últimos 20 anos no IESP de Bertamiráns (Ames).
Representei ao BNG durante 12 anos no Concello de Ames e catro deles (2003-2007) exercín de Tenente-Alcalde e de Concelleiro de Cultura e Deportes.
As miñas afeccións son moi variadas: a lectura, o sendeirismo, as viaxes, o ping-pong...e moitas outras .
Xosé Manuel Fernández López vai de sétimo suplente na candidatura do BNG ás eleccións municipais.
#AmeséBNG