Sara Fabeiro Canedo, independente, número 16 da candidatura do BNG ás eleccións municipais

O meu nome é Sara Fabeiro e nacín en Suevos, na parroquia de Trasmonte no ano 1958. Son veciña do concello de Ames dende ben pequena, xa que tanto meus pais coma a maioría dos meus irmáns residen nesta localidade, e dende fai uns sete anos resido co meu home e coa miña filla no lugar de Leboráns.
Conto con un título de asistente a domicilio, traballo que desempeñei durante gran parte da miña vida, aínda que actualmente son a encargada de coidar e manter unha propiedade privada na aldea onde resido.
Unha das miñas paixóns e a música tradicional galega, e xa son varios anos os que levo tocando a pandeireta, a gaita e o tambor na Asociación Cultural Os Castros. Tamén son afeccionada á xardinería e a todo tipo de artesanía ou manualidades.
Preséntome nas listas do Bloque Nacionalista Galego por terceira vez para apoiar o seu proxecto político, que considero é o único que presta especial atención ao que realmente importa, ao ámbito educativo e da sanidade, dous pilares que considero moi importantes na actualidade do noso país. O noso concello precisa dun cambio, un impulso cara un futuro novo e mellorado, e penso que este é o partido que pode acadar eses propósitos.
Sara Fabeiro Canedo vai como independente no número 16 da candidatura do BNG ás eleccións municipais.
#AmeséBNG