Rosa Isabel Moares Rey, cuarta suplente na candidatura do BNG ás eleccións municipais

07 maio 2019 - 01:42
Nacín no concello de Rianxo no ano 1976. Vivo no Milladoiro dende o 2008.
Estudei Relacións Laborais na Universidade de Santiago de Compostela e máis tarde realicei o Curso Superior de RRLL polo Consello Galego de Relacións Laborais.
Traballo na Central de Emerxencias da Xunta de Galiza, o 112, dende o 2001. Actualmente desempeño o cargo de coordinadora. Dende o 2008 formo parte do Comité de Empresa como presidenta do mesmo pola CIG.
Rosa Isabel Moares Rey vai de cuarta suplente na candidatura do BNG ás eleccións municipais.
#AmeséBNG