Raquel Rodríguez Martínez, independente, número 7 da candidatura do BNG de Ames

27 mar. 2019 - 02:26
Natural de O Canizo (A Gudiña), nacín en Ourense no 1976.
Vivo no Milladoiro dende o 2003. Estudei Imaxe e Son na Escola de Benposta en Ourense, rematei no 2002. Fixen as prácticas na TVG de produtora e ese mesmo ano, en Decembro, chamáronme para traballar.
Dende o 2002 ata a actualidade traballo na TVG como produtora, primeiro nos servizos informartivos e dende o 2013 no departamento de Emisións e Programación. Estando traballando licencieime en Xornalismo pola USC (2012).
Militante do sindicato nacionalista CUT.
Fai parte dos traballadores e traballadoras do colectivo #DefendeAGalega
Raquel Rodríguez Martínez vai como independente no número 7 da candidatura do BNG ás eleccións municipais.