Pilar Viqueira Miranda, segunda suplente da candidatura do BNG ás eleccións municipais

07 maio 2019 - 03:37
Pilar Viqueira Miranda.
Nacida en Santiago de Compostela en 1975 e residente en Bertamiráns dende 2010.
Licenciada en matemáticas e con formación en estatística pública e xestión de datos. Posúe formación pedagóxica e experiencia docente. É tamén monitora de tempo libre e ten experiencia en organización de actividades de lecer. Traballadora do Instituto Galego de Estatística. Nai dunha filla de un ano e membro da ANPA da EIM O Bosque.
Pilar Viqueira Miranda vai de segunda suplente da candidatura do BNG ás eleccións municipais.
#AmeséBNG