Almudena Rei Gómez, independente, número 17 da candidatura do BNG ás eleccións municipais

07 maio 2019 - 01:25
Nacida na parroquia de Ameixenda onde reside actualmente.
Licenciada en Lingua e Literatura galegas pola Universidade de Santiago de Compostela entre os anos 1997-2001.
Realizou diferentes traballos como conserxe en distintos colexios de Ames (CEIP de Barouta - Ames entre os anos 2001-2007 e outras substitucións nos CEIP de A Maía, CEP de Ventín e EEI do Milladoiro).
Na actualidade traballa dende o ano 2016 como auxiliar administrativo no colexio de educación infantil e primaria do Agro do Muíño de Ames.
Almudena Rei Gómez vai como independente no número 17 da candidatura do BNG ás eleccións municipais.
#AmeséBNG