MOBILIZACIÓN SOCIAL

O BNG esixe AP-9 galega e sen peaxes ante o acto de inauguración das obras de Rande

Xunto ao deputado do Bloque e portavoz de infraestruturas, Luis Bará, congregáronse veciñas e veciños do Morrazo, membros das asociacións veciñais de Teis e de Chapela, membros do BNG e cargos nacionalistas coma alcalde de Bueu, Félix Juncal, e concelleiras e concelleiros de Cangas, Vilaboa, Moaña e Pontevedra.
Durante a protesta, unha quincena de membros do Bloque se achegaron ao acto de inauguración lucindo o lema “Non á estafa” en alusión á suba do prezo da peaxe que se producirá nos vindeiros días. A Garda Civil empurrou e retivo durante máis de media hora a esta quicena de persoas.

Máis información: http://www.bng.gal/articulo/novas/bng-esixe-ap9-galega-peaxes-acto-inauguracion-das-obras-rande/20171230160957021298.html

O BNG esixe AP-9 galega e sen peaxes ante o acto de inauguración das obras de Rande