CAMPAÑAS

Manuel Requeijo, alcalde de Muras

Dicir Muras é dicir enerxía. Enerxía e paixón para cambiar as cousas, facer xustiza, transformar. A que ten o noso alcalde, Manuel Requeijo. Porque Galiza é unha potencia enerxética e soporta importantes custos sociais e ambientais, mais nunca esta capacidade repercute en beneficio do pobo galego e da súa economía. En Muras quixemos darlle a volta e que ese impacto teña compensación social. Muras socializa os beneficios dos eólicos. Facemos unha proposta clara: os recursos do noso país deben estar ao servizo da nosa sociedade. Os recursos galegos deben crear emprego e riqueza en Galiza. #IdeasClaras #ConcellosBNG
Manuel Requeijo, alcalde de Muras