CAMPAÑAS

Galeg@ para sempre

O local Sociocultural de Agrón acolleu o pasado 29 de novembro de 2017 a presentación de “Galeg@s para sempre”, unha campaña dirixida a fomentar a utilización do galego no ámbito funerario. A proposta busca tamén a implicación das empresas e os profesionais relacionados co sector para que garantan que quen queira dispor de servizos fúnebres en galego poida acceder a eles con normalidade. Con este obxectivo, a concellaría de Normalización Lingüística elaborou un manual de recursos que inclúe modelos de necrolóxicas, lemas e frases para poñer nas sepulturas, e poemas para as cerimonias civís. Na nova da TVG a concelleira do BNG de Ames, Isabel Vaquero Quintela, explica a motivación da campaña desenvolta polo Servicio de Normalización lingüística do Concello de Ames.
Galeg@ para sempre