do
INXUSTIZAS
En Ames, xornada nacional do BNG contra a violencia machista.

En Ames, xornada nacional do BNG contra a violencia machista.

Convidámoste a participares, o vindeiro día 11 de febreiro, sábado, ás 10.30 horas á xornada nacional do BNG contra a violencia machista. A xornada desenvolverase no Pazo da Peregrina en Bertamiráns.

- 10.30 horas. Benvida e saúdo dos concelleiros David Santomil e Isabel Vaquero.

- 10.45 horas. Palestra e coloquio con Carme Adán: Retos para o feminismo como eixo transversal da nosa acción política.

- 12.00 a 13.45 horas. Mesa redonda moderada por Goretti Sanmartín e coa participación de representantes do BNG nos concellos de Pontevedra e San Sadurniño, e de Galiza Nova: Experiencias prácticas na loita contra as violencias machistas.

Ler nova
NOVAS
O novo centro de saúde do Milladoiro está máis perto

O novo centro de saúde do Milladoiro está máis perto

Dotar o Milladoiro, principal núcleo de poboación do noso Concello, dun novo centro de saúde, era unha demanda clara e constante tanto da veciñanza como do BNG. A firma de este convenio elimina un obstáculo máis para poder levar á cabo a súa execución

Ler nova