RETÓMANSE OS VIDEOBOLETÍNS DO BNG DE AMES

Videoboletín sobre o Plan de Transporte Metropolitano

Videoboletín sobre o Plan de Transporte Metropolitano

Após un tempo sen videoboletíns, remotamos este xeito de comunicación cun tema de interese para o concello de Ames: a aprobación polo Pleno do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia, na área de Santiago de Compostela. Convenio aprobado polo BNG de Ames por responsabilidade coa cidadanía amesá pero que co que somos moi críticas tanto no fondo como na forma:

- No fondo, porque unha das alegacións máis desexadas pola veciñanza, a recuperación do Noitebús, foi ignorada pola Xunta de Galiza, así como o aumento na frecuencia de buses, sobre todo para respetar as medidas sanitarias no marco da COVID-19.

- Na forma, porque é un convenio imposto -sen negociación cos concellos afectados e con alegacións recibidas en apenas uns días- e no que unha das reivindicacións dos concellos, que se mudara a forma de votación para acadar acordos relevantes fora modificada, primando á administración local -a máis achegada á cidadanía e que mellor coñece os problemas do transporte público do concello- foi tamén desatendida.

Videoboletín sobre o Plan de Transporte Metropolitano