Imprimir

Muras, concello BNG

bngames | 18 de xuño de 2018

Pioneiro na erradicación da pobreza enerxética

Dicir Muras é dicir enerxía. Enerxía e paixón para cambiar as cousas, facer xustiza, transformar. A que ten o noso alcalde, Manuel Requeijo. Porque Galiza é unha potencia enerxética e soporta importantes custos sociais e ambientais, mais nunca esta capacidade repercute en beneficio do pobo galego e da súa economía. En Muras quixemos darlle a volta e que ese impacto teña compensación social. Muras socializa os beneficios dos eólicos. Facemos unha proposta clara: os recursos do noso país deben estar ao servizo da nosa sociedade. Os recursos galegos deben crear emprego e riqueza en Galiza.

#IdeasClaras #ConcellosBNG

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/campanhas/muras-concello-bng/20180618143429001126.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego de Ames

Bloque Nacionalista Galego | AMES

ames@bng.gal

https://facebook.com/bng.ames

https://twitter.com/obloqueames