Imprimir

Manuel Otero Boquete, independente, número 4 da candidatura do BNG de Ames

bngames | 26 de Febreiro de 2019

Manuel Otero Boquete
Manuel Otero Boquete

Nacido na aldea de Seares de Arriba en 1976, na parroquia de Ames, actualmente reside en Bertamiráns desde o 2012.

Graduado en Lingua e Literatura Galegas pola Universidade de Santiago de Compostela, os primeiros anos do seu currículo laboral estiveron ligados ó eido da informática.

Posteriormente rexentou o Sinnerman's Café de Bertamiráns, un local de hostalería desde o que, entre os anos 2011 e 2014, promoveu a cultura musical da comarca e onde asentou un espectáculo propio coñecido como "Manólogos Acústicos".

Como escritor, os seus traballos foron recoñecidos en certames como o do Concello de Ames nos anos 2006, 2014 e 2015, así como no Francisco Añón (Concello de Outes) tamén no 2015. No ano 2018 viu a luz a súa obra "A fiestra dos soños", un libro-disco publicado pola Editorial Galaxia no cal é autor dos poemas, das ilustracións e da maquetación do mesmo.

Actualmente, ademais de continuar coa súa labor de escritor, ilustrador, presentador, músico e monologuista, forma parte do Consello Escolar e colabora no comedor do colexio público ó que asiste o seu fillo.

Manuel Otero Boquete vai como independente no número 4 da candidatura do BNG ás eleccións municipais.

#AmeséBNG

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/eleccions/manuel-otero-boquete-independente-numero-4-da-candidatura-do-bng-ames/20190226000145001264.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego de Ames

Bloque Nacionalista Galego | AMES

ames@bng.gal

https://facebook.com/bng.ames

https://twitter.com/obloqueames