Imprimir

Isabel Vaquero Quintela, número 5 da candidatura do BNG de Ames

bngames | 25 de febreiro de 2019

Isabel Vaquero Quintela
Isabel Vaquero Quintela

Nada en Ourense en 1967; reside no Concello de Ames, no Milladoiro, desde 1997. Actualmente é concelleira de Normalización Lingüística e Comunicación.

Licenciada en 1991 en Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués) pola USC. Rematou os cursos de doutoramento de Filoloxía Galega no bienio 92-94, obtendo o recoñecemento de suficiencia investigadora en 1994, logo de presentar a memoria de licenciatura Pronomes e cláusulas de relativo na prosa medieval galego-portuguesa. Arredor desta temática ten comunicacións e artigos publicados.

Traballa como técnica do Servizo de Normalización Lingüística da USC dende 1993 e dende 2000 é a responsable da súa Área de Dinamización. Ten impartido cursos e publicado en relación ao eido da normalización e dinamización lingüística.
Foi membro fundadora da CTNL - Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua en 1995; desempeñando no pasado os cargos de vogal e secretaria.
Dende mediados dos 90 participou en diversos proxectos relacionados coa expansión do galego nas novas tecnoloxías.

Foi representante do persoal de administración e servizos no Claustro da USC dende 1994 ata 2018 como membro do colectivo A Trabe, formando parte da Comisión de Asesoramento e Axuda ao Valedor da USC e da Comisión de Titulacións do Claustro. 
Foi delegada da CIG no Comité de Empresa do persoal laboral da USC dende 2003 ata 2015.

Isabel Vaquero Quintela vai no número 5 da candidatura do BNG ás eleccións municipais.

#AmeséBNG

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/eleccions/isabel-vaquero-quintela-numero-5-da-candidatura-do-bng-ames/20190225235858001262.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego de Ames

Bloque Nacionalista Galego | AMES

ames@bng.gal

https://facebook.com/bng.ames

https://twitter.com/obloqueames