Imprimir

Félix Paz Castañal, primeiro suplente na candidatura do BNG ás eleccións municipais

bngames | 07 de maio de 2019

Félix Paz Castañal
Félix Paz Castañal

Son Félix Paz Castañal, nacín fai 49 anos en Meira (Lugo), nai do noso río Miño, un pobo no que empecei a amar e defender esta terra nosa e onde comecei tamén a colaborar co BNG. Por cuestións laborais cheguei a Bertamiráns e aquí resido desde fai 14 anos, aínda que o meu traballo está fóra desta localidade (exerzo de mestre e tamén como sindicalista na comarca de Santiago).

Nestas eleccións municipais vou na candidatura do BNG de Ames, pois considero que é a única opción política que realmente sempre está aí, defendendo o “noso”: as persoas, a lingua, a ecoloxía, a democracia, a cultura,…

Adiante co BNG!

Félix Paz Castañal vai de primeiro suplente na candidatura do BNG ás eleccións municipais.

#AmeséBNG

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/eleccions/felix-paz-castanal-primeiro-suplente-candidatura-do-bng-eleccions-municipais/20190507013536001327.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego de Ames

Bloque Nacionalista Galego | AMES

ames@bng.gal

https://facebook.com/bng.ames

https://twitter.com/obloqueames