Director

VIDEO
Videoboletín 03 - Pago a provedores, Ponte Maceira BIC

Neste número de febreiro do noso videoboletín, falamos da reducción nos tempos de pago a provedores e da posibilidade de elevar á categoría de BIC o núcleo de Ponte Maceira que divide Ames e Negreira. Ademais, Ames convértese no centro de debate da xestión dos comedores escolares de xestión directa, neste mes de febreiro.

Ler nova

En Ames, xornada nacional do BNG contra a violencia machista.

Convidámoste a participares, o vindeiro día 11 de febreiro, sábado, ás 10.30 horas á xornada nacional do BNG contra a violencia machista. A xornada desenvolverase no Pazo da Peregrina en Bertamiráns.

- 10.30 horas. Benvida e saúdo dos concelleiros David Santomil e Isabel Vaquero.

- 10.45 horas. Palestra e coloquio con Carme Adán: Retos para o feminismo como eixo transversal da nosa acción política.

- 12.00 a 13.45 horas. Mesa redonda moderada por Goretti Sanmartín e coa participación de representantes do BNG nos concellos de Pontevedra e San Sadurniño, e de Galiza Nova: Experiencias prácticas na loita contra as violencias machistas.

Ler nova
Entrevista a David Santomil en AmesRadio

Seguimos facendo concello e facendo pobo. Despois dun pleno de xaneiro, onde un absurdo debate sobre a cabalgata impediu falar dos proxectos e traballos que está a realizar o Goberno, desde a Concellaría seguimos a traballar para facer concello e facer pobo. Na entrevista que concedeu David esta semana a AmesRadio, danse a coñecer os diferentes traballos e proxectos sobre os que está volcada agora a Concellaría para o futuro máis inmediato. Comedores escolares, orzamentos, pago a provedores e outras cuestións de interese que podes ouvir no seguinte audio:

No noso web procuramos sempre achegarte todas as entrevistas e materiais para que podas estar en contacto permanente coa nosa organización e as nosas concellarías, visita cada semana a páxina para non perder detalle!

Ler nova
Por demostrar a oposición que ten a maioría, o Pleno paraliza a RPT

O bloqueo á RPT supón un enorme prexuízo para os traballadores/as do Concello e a imposibilidade de novos orzamentos.

O BNG de Ames apela á responsabilidade dos grupos da oposición para aprobar canto antes a RPT.

Pedimos aos grupos da oposición que midan coa seriedade debida, a gravidade de seguir adiando a aprobación da RPT, sempre cos traballadores en mente e non os minutos de gloria e presenza nos medios que esta cuestión lle poida brindar a determinados voceiros.

Desde o BNG de Ames, apelamos ao sentido da responsabilidade dos grupos de oposición, para respectar a decisión e os acordos da Mesa Xeral de Negociación e os intereses dos traballadores e traballadoras do Concello de Ames.