SABEMOS ONDE QUEREMOS IR

Bases democráticas para unha nova Galiza

Bases democráticas para unha nova Galiza

Vídeo presentación das Bases Democráticas para unha nova Galiza.

Estamos nun momento histórico de especial relevancia política e no que moitas cousas poden mudar se facemos forza como persoas, como pobo. O modelo de Estado, o tipo de sociedade en que queremos vivir, o futuro do noso país e das nosas vidas están hoxe en discusión, a debate.

http://unpasoadiante.gal/

 

As Bases Democráticas para unha Nova Galiza son unha proposta do BNG pensada para o contraste e o debate social con todos os axentes políticos, sociais e económicos do país.

A Galiza que queremos é necesario definila colectivamente, desde a suma de ideas e a unidade de vontades para construír un país mellor.

Con elas queremos propoñer á sociedade galega un novo horizonte para o noso país.

Os nosos impostos pagámolos a Madrid. En Madrid -polo chamado “efecto sede”- tributan directamente algunhas das grandes empresas que operan na Galiza. E é o Goberno de España quen decide canto nos devolve -vía orzamentos e transferencias- daquilo que nós pagamos. Nese proceso perdemos por volta de 3.000 millóns de euros cada ano.

Queremos poñer os recursos do país ao servizo da creación de riqueza e de emprego, poder combater a precariedade e facer que a xente nova que tivo que marcha poida volver da emigración, parar o declive demográfico, poñer en marcha un país que devolva seguridade e confianza ás persoas e lles ofreza oportunidades para saír adiante e desenvolver as súas vidas.