O BNG solicita a retirada de postes nun camiño de Ortoño

O BNG solicita a retirada de postes nun camiño de Ortoño

O BNG de Ames denuncia a existencia de varios postes no medio dunha pista na aldea de As Cortes, na parroquia de Ortoño, e que supoñen un perigo para os usuarios destas vias de comunicación, xa que poden provocar accidentes, especialmente nas noites.

Trátase de postes que sosteñan o cableado eléctrico ou de telefonía pero que, despois de térense ampliado as estradas, quedaron no medio ou no interior da pista. En concreto estes postes situanse na contorna dunha urbanización inacabada e semiabandonada.

O BNG denuncia o perigo  provocado por varios postes situados no medio dunha pista en Ortoño

O BNG de Ames  ven de solicitar á concellería de obras a súa  retirada, xa por medios propios ou requerindo aos propietarios da urbanización para que o fagan. O propio concello, co obxecto de garantir a seguridade vial, podería empregar as fianzas depositadas pola promotora para executar estas obras. Asimesmo, O BNG demanda a “urxente sinalización” dos mesmos, mentres non se realiza o seu translado.

O mesmo concello, hai máis de medio, colocou un poste na marxe da pista co obxecto de desprazar o tendido eléctrico e eliminar un dos postes. Pero aínda non rematou a obra, e estes poste seguen constituíndo un perigo para os veciños da zona, e máis ainda para os que circulan por primeira vez pola pista ao encontrarse un impedimento co que non contan.

O BNG considera que a ampliación das estradas cara as marxes debe ir parella á retirada ou reubicación dos elementos existentes con anterioridade, como ditos postes eléctricos ou sinais de tráfico, para garantir a seguridade vial.