A nosa App Android para propostas da cidadanía

App Android do BNG de Ames
App Android do BNG de Ames
A nosa App Android para propostas da cidadanía

Desde o BNG de Ames puxemos en funcionamento unha sinxela app para móbiles e tablets Android para recoller propostas e suxerencias de cara á confección do noso programa de goberno.

Calquera persoa pode, gratuitamente, instalar a aplicación para achegar de maneira directa ideas concretas para inserir no programa do Bloque Nacionalista Galego de Ames.
Teremos en conta todas as propostas que recibamos, converxéndoas, cando coincidan co noso modelo de concello, coas que levamos recollido en reunións coas asociacións de veciños, deportivas, culturais, así como as recibidas durante estes catro anos de mandato e as que, por exemplo, nos achegaron as nenas e nenos de 3ºD do colexio de Ventín vía email.

A aplicación pódese atopar buscando por "Programa BNG" na Play Store de Google ou na seguinte dirección url: https://play.google.com/store/apps/details?id=gal.bng.lugo.programa&hl=gl

Na aplicación tamén están enlaces ás redes sociais do BNG de Ames (Facebook, Twitter e Instagram), así como un enlace directo ao enderezo de correo electrónico do BNG de Ames.