Coloquio Aberto con Néstor Rego o 23 de outubro 20:00h

Coloquio Aberto con Néstor Rego
Coloquio Aberto con Néstor Rego
Coloquio Aberto con Néstor Rego o 23 de outubro 20:00h

No marco das eleccións xerais convocadas polo goberno do PSOE,  o Bloque Nacionalista Galego, diante do frívolo espectáculo das forzas estatais cuxa inutilidade provocou a repetición electoral, insta a converter o 10N nunha oportunidade para “facer valer” Galiza no Congreso.
E para explicar o programa do BNG para estas eleccións, desde o BNG de Ames convidamos ao candidato número 1 ao Congreso pola provincia da Coruña, Néstor Rego, a un Coloquio Aberto, ao que convidamos a toda a veciñanza do noso concello, para que departa con el e coas concelleiras e concelleiro do BNG de Ames no Concello, David Santomil, Natividade González e Escarlata Pampín, este mércores, 23 de outubro, ás 20:00, na Casa da Cultura do Milladoiro.

Previamente, e xunto co noso compañeiro Néstor Rego, reunirémonos coa Asociación de Empresarios do Milladoiro para escoitar as súas inquietudes e poñer en común proxectos e solucións ás problemáticas que nos indiquen, das que iremos dando conta puntualmente no Congreso e sempre falando en clave de país.