Presentación da candidatura do BNG de Ames municipais 2019

Presentación da candidatura do BNG de Ames municipais 2019

Acto de presentación da candidatura do BNG de Ames ás municipais do 26 de maio de 2019.

Na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 21:00 horas do venres 22 de febreiro, o BNG de Ames presentará a candidatura completa que vai concorrer ás eleccións municipais deste próximo mes de maio, onde nos acompañará a portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, xunto a militantes, simpatizantes e veciñanza do noso concello.

Intervirán, nesta orde:

  • Isabel Vaquero Quintela, actual Concelleira de Normalización Lingüística e Comunicación do Concello de Ames e número 5 da candidatura.
  • Manuel Otero Boquete, independente e número 4 da candidatura.
  • Escarlata Pampín, independente e número 3 da candidatura.
  • Natividade González, coordinadora do grupo municipal do BNG de Ames e número 2 da candidatura.
  • Ana Pontón, portavoz nacional do BNG.
  • David Santomil, actual Concelleiro de Educación e Cultura do Concello de Ames e candidato do BNG de Ames á Alcaldía.

 

Agardámoste!.



Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/623826851412087/